Como atopar traballo na Unión Europea: O meu primeiro traballo EURES

Como atopar traballo na Unión Europea

Estás pensando en traballar noutro país da Unión Europea? Sabes onde podes atopar ofertas de traballo noutros países? Cales son as túas obrigas e dereitos cando traballas noutro país? Os conselleiros EURES ofrecen información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre as condicións de vida de cada país europeo.

Esta rede conta cunha rede humana de máis de 850 conselleiros EURES en toda Europa e nós temos a sorte de contar cunha conselleira no Foro o día 10 de novembro.

Se estás pensando en traballar en Europa, inscríbete no Foro Xuventude en Movemento!

Dálle a volta! Móvete! Aposta polo teu futuro! #xenmovemento16

Compartir

Comments are closed.