Foro Xuventude en Movemento: Fai futuro!

Dreaming

Preocúpache o teu futuro? Non sabes como comezar a túa andadura profesional? Pois non o penses máis e… “Fai futuro!”. A Universidade da Coruña e Europe Direct A Coruña-Deputación da Coruña organizan a 6ª edición do “Foro Xuventude en Movemento” para informar sobre as posibles saídas e ferramentas para facerte camiño na vida laboral.

Este ano o Foro dividirase en catro bloques:

– “Internacionalízate”: a oportunidade que ofrece o programa “Erasmus+” para a mellora das oportunidades laborais da mocidade, no ano en que se celebra o 30 aniversario do Programa.

– “Están a buscarte”: ferramentas para activar as túas potencialidades laborais, tales como, preparar unha entrevista de traballo ou facer un bo currículo.

– “Atopa o teu lugar”: emprego e voluntariado únense neste bloque para resaltar as vantaxes que a movilidade e a Unión Europea aportan ao teu futuro.

– “Implícate no emprendemento e na innovación social”: obradoiro de formación ofrecido pola Fundación Cibervoluntarios no que se mostrarán as oportunidades que oferta a innovación social no marco da Unión Europea, usando a tecnoloxía para traballar de forma colectiva.

Non o dubides, ven e… fai futuro! #xenmovemento17

Compartir

Comments are closed.