Planeas saír de España? Pois non te preocupes do móbil!

sair-de-espana-datos-union-europea

En xuño de 2017 o roaming xa será Historia! O Colexio de Comisarios debatiu o proxecto de Regulamento que permitirá que todos os viaxeiros que utilicen o cartón SIM dun Estado membro no que residen ou co que manteñen “vínculos estables” (como poden ser os traballadores que a diario pasan a outro país a traballar, os traballadores expatriados que volven con frecuencia ao seu país de orixe ou os estudantes de Erasmus), poidan usar o seu dispositivo móbil noutro país da UE da mesma forma en que o faría no propio.

Os europeos pagarán os prezos do seu país de orixe ao chamar, enviar mensaxes de texto ou navegar pola rede cos seus dispositivos móbiles, e terán pleno acceso a outros aspectos do seu contrato de móbil (por exemplo, dereito a un paquete mensual de datos).

A partir do próximo verán chamar ou facer uso dos teus datos ao viaxar ao estranxeiro xa non serán máis un problema dentro da Unión Europea!

Compartir

Comments are closed.