Programa 2016

FORO XUVENTUDE EN MOVEMENTO 2016

DESCARGAR PROGRAMA PDF

A asistencia e participación nas actividades do Foro Xuventude en Movemento enmarcarase no plano de formación do estudantado para a mellora da empregabilidade e darán lugar ao recoñecemento de 1 crédito para os Títulos de Grao, sempre que se cumplan as seguintes condicións:

  • Estar debidamente inscrito/a nas actividades e
  • Asistir a un mínimo de 3 bloques completos do programa

Os demáis participantes obterán un certificado de asistencia sempre que cumplan as mesmas condicións indicadas

A inscrición realizarase dende o luns 17 de outubro ata o martes 8 de novembro ás 14.00h.

9 NOVEMBRO 2016

Bloque #1

A busca de emprego con bos resultados

10.00 h: Benvida

  • Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña.
  • Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.
  • Margarita Amor López, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.
  • Anxo Calvo Silvosa, decano da Facultade de Economía e Empresa.
  • Amparo Taboada Gil, directora de Europe Direct A Coruña.

10.15-11.45 h: O currículo. Cómo facer un bo currículo
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

INPREGA (Sociedade Cooperativa Galega).

Resumo: Facer un bo currículo non é tarea fácil. Cada día chegan decenas de currículos ás oficinas de recursos humanos. Neste obradoiro ensinaranche a facer un bo traballo co teu currículo, non só explicando as túas experiencias e estudos sino tamén en canto a presenza e redacción.

12.00-14.00 h: A entrevista de traballo. Pensa xa cara ao emprego
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

INPREGA (Sociedade Cooperativa Galega).

Resumo:

Este obradoiro permitiranos coñecer as técnicas de selección (entrevistas de selección, dinámicas grupais, probas psicotécnicas,…). Nun contexto eminentemente práctico, cada participante será suxeito activo e participativo nas dinámicas dirixidas a coñecer e pór en práctica as técnicas de selección máis utilizadas.

Bloque #2

Como conseguir a imaxe de gañador?

16.00–17.15h: Personal Branding: A imaxe persoal para conseguir traballo
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relatora: Juli Molares (profesional do Renacemento 2.0: publicista, comunicadora, personal brander e artista).

Resumo:

Nun mundo que avanza cada vez máis rápido, a primeira impresión é esencial en calquera tipo de relación profesional. Hai que ter en conta que o que dicimos representa un 10% da mensaxe que recibe o interlocutor, o 90% restante… é imaxe!

Ensínannos a negociar, facer presentacións eficaces, etc., pero non nos ensinan a sacar o máximo partido da nosa imaxe, potenciando os puntos fortes e minimizando os débiles.

É necesario considerarse como marca, marca que debes construír, promocionar e comunicar. A imaxe no é unha frivolidade social, cada persoa comunica, gústelle ou non e depende dun mesmo sacarlle o máximo partido.

17.30 – 18.30h: 10 cousas que me tería gustado aprender sobre o mundo laboral antes de saír da Universidade
Conferencia
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relator: Francisco Servia Fiuza (Product Manager de Amazon en España).

Presentación

Resumo:

A saída ao mundo laboral pode resultar desconcertante, xa que a dinámica das empresas é moi diferente á que estamos acostumados na Universidade. Nesta charla Francisco Servia falará de 10 aspectos relacionados con ese salto ao mundo profesional que lle tería gustado coñecer antes de enfrontarse a eles, pero que ninguén acertou a contarlle.

10 NOVEMBRO 2016

Bloque #3

Movendo Fronteiras

10.00 – 11.45 h: O voluntariado como unha oportunidade profesional

Obradoiro

Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relatores:

  • Pilar Tamerón Montesinos, técnica da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado na Axencia Nacional Española do Programa Erasmus +. Xuventude en Acción.
  • Javier Vallejo Poza, experto en dirección e xestión de proxectos de consultoría e de cooperación internacional.
  • Carlos Gil, voluntariado en Nicaragua.
  • Lorena Boga, Servicio de Voluntariado Europeo en Polonia.

Resumo:

Obradoiro dirixido a dar a coñecer as posibilidades que ofrece o voluntariado europeo e internacional.

12.00 – 12.45h: Traballar na Unión Europea, oposicións e bolsas nas institucións europeas
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relatora: Ana Río Quintana, Representación da Comisión Europea en España

Resumo:

Este taller está dirixido a aqueles que desexan ser funcionarios europeos ou desenvolver un período de prácticas nas institucións europeas. Si queres ser funcionario europeo, non esquezas que a Administración da Unión Europea convoca procesos selectivos mediante oposicións xerais abertas a todos os Estados membros da Unión Europea nas que non hai cotas por nacionalidade nin por límite de idade para participar. Si buscas realizar un período de prácticas nunha institución ou nun organismo europeo lembra que, xeralmente, oscilan entre tres e seis meses e que, ademais, existen uns requisitos xerais. Descobre as oportunidades que che ofrecen as institucións europeas.

13.00 – 14.00h: Programa Erasmus para Novos e Novas Emprendedores: “Aprende a emprender”
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relatores:

  • Mª Belén Mendoza Chandas, responsable de proxectos europeos de Erasmus para Novos e Novas Emprendedores da Cámara de Comercio de Santiago.

Información empresario de acollida – Información novo empresario (Contacto Cámara de Comercio)

  • Javier Ramón Ramón, CEO de Viajeros Low Cost. Participante no Programa europeo Erasmus para Novos e Novas Emprendedores en Malta.

Resumo:

O programa “Erasmus para Novos e Novas Emprendedores” está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 países con axuda dos puntos de contacto locais, en Galicia a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Este programa axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea. Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarte do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.

Bloque #4

Ferramentas e oportunidades de mobilidade laboral

16.30 – 17.15 h: Mobilidade laboral na Unión Europea. Descubre o programa “O meu primer traballo EURES”.

Sesión informativa.

Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa.

Relatora: Covadonga López, Conselleira EURES

17.30 – 18.30 h: Investigar en Europa: Boas prácticas
Obradoiro
Salón de graos da Facultade de Economía e Empresa

Relatores:

  • Xavier Alcalá (Representante da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade da Coruña).
  • Sabela Ramos (contrato posdoutoral en ETH en Zurich).
  • Amparo Alonso (Premio L’Oreal-UNESCO Women in Science en España, 1998).

Presentación

Recorda que:

A asistencia e participación nas actividades do Foro Xuventude en Movemento enmarcarase no plano de formación do estudantado para a mellora da empregabilidade e darán lugar ao recoñecemento de 1 crédito para os Títulos de Grao, sempre que se cumplan as seguintes condicións:

– estar debidamente inscrito/a nas actividades e

– asistir a un mínimo de 3 bloques completos do programa.

Os demáis participantes obterán un certificado de asistencia sempre que cumplan as mesmas condicións indicadas.

Organiza:

College-Coruña

 

Colabora:

logo_xunta_eureslogo_eures Dirección Xeral de Emprego e Formación

 

 

 

Comisión Europea

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
 

Viajeros Low Cost.

Compartir

Comments are closed.