Queres traballar noutro país da Unión Europea?

A rede EURES ofrece información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego en toda Europa.

A rede EURES ofrece información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre as condicións de vida de cada país europeo.

Esta rede conta cunha rede humana de máis de 850 conselleiros EURES en toda Europa e nós temos a sorte de contar cun deles no Foro o día 28 de outubro.

Se estás pensando en traballar en Europa, inscríbete no Foro Xuventude en Movemento!

Ponte ON! Móvete! Aposta polo teu futuro! #xenmovemento15

Compartir

Comments are closed.