Un taller que che permitirá coñecer as técnicas de selección

Foro Xuventude en Movemento 2016

O día 7 de novembro, dentro do bloque #2 “Están a buscarte” do Foro de Xuventude en Movemento, poderás participar nun taller que che permitirá coñecer as técnicas de selección (entrevistas de selección, dinámicas grupais, probas psicotécnicas). Así mesmo, aprenderás a realizar un curriculum adecuado, e que corresponda en forma e contido ás demandas das empresas.

Ambas actividades impartidas por INPREGA son unha forma práctica e dinámica para aprender a potenciar todas as túas competencias e aptitudes, e o máis importante; crear a túa propia marca e saber como venderche dentro do mercado laboral. Non o dubides, #FaiFuturo e participa en #xenmovemento17!

Compartir

Comments are closed.