Coñécete – Véndete – Preséntate

Estás no ultimo ano da carreira ou finalizaches hai pouco? Queres prepararte para afrontar con éxito os procesos de selección?

Se a túa resposta a ambas cuestións é SI, a Escola de Negocios Novacaixagalicia, no marco das actividades do Foro Xuventude en Movemento organizado pola Universidade da Coruña e Europe Direct – Deputación da Coruña, seremos os teus aliados. Participa no noso Ciclo de Seminarios de Orientación Profesional.

Ao longo de tres seminarios de catro horas de duración abordaremos todo o proceso da procura de emprego: desde a definición das competencias profesionais á adecuación persoa-posto, o proceso da procura de oporturnidades e como enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo.

Os Seminarios serán gratuitos para os que vos inscribades antes do 28 de septembro de 2012.
Máis información

Compartir
Categories: Slide

Comments are closed.