Tes alma de emprendedor? Descobre como converterte nun!

Tes alma de emprendedor? Descobre como converterte nun!

Coñeces o Erasmus para Novos e Novas Emprendedores? Achégate ao Foro Xuventude en Movemento 2016 o día 10 de novembro e descobre este programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes.

O día 10 contaremos con Belén Mendoza, técnica do departamento de Proxectos da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela, punto de contacto en Galicia para realizar o intercambio.

Non o penses máis e ponlle data ao teu negocio! Apúntate!

Compartir

Comments are closed.