Programa 2017

FORO XUVENTUDE EN MOVEMENTO 2017

PROGRAMA DO 2017

A asistencia e participación nas actividades do Foro Xuventude en Movemento enmarcarase no plano de formación do estudantado para a mellora da empregabilidade e darán lugar ao recoñecemento de 1 crédito para os Títulos de Grao, sempre que se cumplan as seguintes condicións:

  • estar debidamente inscrito/a nas actividades e
  • asistir a un mínimo de 3 bloques completos do programa (para a solicitude non se pode empregar un bloque que se utilice para pedir créditos por outras actividades).

Os demais participantes obterán un certificado de asistencia sempre que cumplan as mesmas condicións indicadas

A inscrición realizarase dende o martes 17 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 14:00h.

7 NOVEMBRO 2017

Bloque #1

10:00h – 14:00h | Internacionalízate

10:00h – 10:30h: Benvida

Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña.
Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña.
Margarita Amor López, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.
Anxo Calvo Silvosa, decano da Facultade de Economía e Empresa.
Amparo Taboada Gil, directora de Europe Direct A Coruña.
Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación.

10:30h – 11:45h: De Erasmus a Erasmus+: 30 anos de historia
Conferencia

Presenta: Pilar García de la Torre, vicerretoría de Internacionalización e Cooperación.

Relator: Pablo Martín González, director do SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación).

Presentación de Pablo Martín González

12:00h – 13:30h: Erasmus: trinta anos cambiando vidas, abrindo mentes
Mesa redonda

Modera: Begoña Crespo, directora da Oficina de Relacións Internacionais da UDC.

Relatores:
Xosé Allegue, Erasmus en 1990 na École d’Arquitecture de Lille et Regions Nord (Francia).
Laura Arias, vogal da Asociación ESN na Coruña.
Santiago Roura, profesor titular universitario da UDC.
Antonio Amado, profesor titular universitario da UDC.
Roberto Rodríguez, persoal de administración e servizos da UDC.
Teresa Mato, persoal de administración e servizos da UDC.
Cristina Vázquez, estudante da UDC.
Luis Santillana, estudante da Universidade Sénior.

Presentación de Laura Arias

Resumo:

Mesa redonda para dar a coñecer experiencias do programa de mobilidade Erasmus e as posibilidades que ofrece, programa que este ano celebra o 30º aniversario.

13:30h – 14:00h: Concurso UDC Erasmus Ambassador

Resumo: Presentación dos finalistas do concurso UDC Erasmus Ambassador, votación e entrega do premio.

Entre o bloque #1 e #2 haberá unha degustación gastronómica internacional

Bloque #2
16:00h – 20:00h | Están a buscarte

16:00h – 18:00h: A entrevista de traballo: “Eu son o number one”
Obradoiro

INPREGA (Sociedade Cooperativa Galega)

Resumo:

Este obradoiro permitiranos coñecer as técnicas de selección (entrevistas de selección, dinámicas grupais, probas psicotécnicas,…). Nun contexto eminentemente práctico, cada participante será suxeito activo e participativo nas dinámicas dirixidas a coñecer e pór en práctica as técnicas de selección máis utilizadas.

Presentación de IMPREGA: A entrevista de traballo: “Eu son o number one”

18:15h – 20:00h: O currículo. Como facer un bo currículo
Obradoiro

INPREGA (Sociedade Cooperativa Galega)

Resumo:

Facer un bo currículo non é tarefa fácil. Cada día chegan decenas de currículos ás oficinas de recursos humanos. Neste obradoiro ensinaranche a facer un bo traballo co teu currículo, non só explicando as túas experiencias e estudos senón, tamén en canto á presenza e redacción.

Presentación de IMPREGA: O currículo. Como facer un bo currículo

8 NOVEMBRO 2017

Bloque #3
10:00h – 14:00h | Atopa o teu lugar

10:00h – 10:30h: Lanzadeiras de Emprego: a mellora da empregabilidade
Conferencia

Relatora:
Pilar Bonigno, coordinadora da Lanzadeira de Emprego da Coruña.

Resumo:

O obxectivo do proxecto Lanzadeiras de Emprego, que impulsa a Fundación Santa María la Real, é acadar que un grupo de persoas desempregadas, con diferentes idades, perfiles formativos e traxectorias laborais, adestren unha nova busca de traballo, contacten : directamente coas empresas e obteñan un emprego, mediante un método baseado no traballo en equipo.
A mellora da empregabilidade é vital xa que incide en competencias que a ensinanza regulada non inclúe. O traballo de desenvolver estas competencias que acheguen aos/ás participantes ao mercado laboral, así como a proactividade e a colaboración son os piares do proxecto. Desde o 2013 desenvolveuse e comprobouse unha metodoloxía que se mostra efectiva con datos que a avalan: impulsáronse preto de 400 lanzadeiras de emprego con máis de 8000 participantes e unha media de inserción laboral que supera o 50%.

Presentación de Pilar Bonigno: Lanzadeiras de Emprego: a mellora da empregabilidade

10:30h – 11:30h: Programa Recruiting Erasmus: falan as empresas
Mesa redonda

Modera: Begoña Crespo, directora da Oficina de Relacións Internacionais da UDC.

Relatores:
Joaquín Vierna, director xeral, cofundador e socio de AllGenetics.
Guillermo López, CEO e cofundador de Torusware.
Clara de Lorenzo, directora de RRHH de Gadisa.
Alejandro Sánchez, director xerente de +Lenovo.

Resumo: Preséntase o programa Recruiting Erasmus e o valor engadido que teñen os alumnos con experiencias Erasmus para as empresas.

Presentación de Begoña Crespo: Programa Recruiting Erasmus

Presentación de Clara de Lorenzo

11:45h – 13:00h: Mobilidade laboral en Europa: emprego e emprendemento
Sesión informativa

Relatores:
“Busco oportunidades de emprego en Europa, a quen chamo?”.
Covadonga López, Conselleira EURES, Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Xunta de Galicia.

“Aprende a emprender” – Programa Erasmus para Novos e Novas Emprendedores.
María Belén Mendoza Chandas, responsable de proxectos europeos de Erasmus para Novos e Novas Emprendedores da Cámara de Comercio de Santiago.

“Boas prácticas no emprendemento”.
Javier Ramón Ramón, CEO de Viajeros Low Cost, participante no programa Erasmus para Novos e Novas Emprendedores en Malta.
Giacomo Chiari, novo emprendedor italiano, participante no programa Erasmus para Novos e Novas Emprendedores na empresa de acollida Viajeros Low Cost.

Resumo: 

EURES é unha rede de cooperación creada para facilitar a libre circulación traballadores dentro dos 28 Estados membros da UE, Suíza, Islandia, Liechtenstein e Noruega. Na práctica EURES ofrece os seus servizos a través do seu portal (ec.europa.eu/eures) e dunha rede humana que conta con aproximadamente 1000 conselleiros EURES que están en contacto permanente con solicitantes de emprego e empregadores de toda Europa.

O programa “Erasmus para Novos e Novas Emprendedores” está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 países con axuda dos puntos de contacto locais, que en Galicia é a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Este programa axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquiriren as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Como novo/a emprendedor/a beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante.

Presentación de Covadonga López: Busco oportunidades de emprego en Europa, a quen chamo?

Presentación de María Belén Mendoza Chandas “Aprende a emprender” – Programa Erasmus para Novos e Novas Emprendedores

Presentación de Javier Ramón Ramón: Boas prácticas no emprendemento

13:00h – 14:00h: Voluntariado, marca a diferenza
Mesa redonda

Relatores:
“Corpo Europeo de Solidariedade”.
Pilar Tamerón Montesinos, Representante da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Xunta de Galicia.

“Oficina de Voluntariado da UDC”.
Marta Redruello Martín, enviada da OCV en proxecto de coñecemento da realidade.

“Servizo de Voluntariado Europeo”.
Cristina Rodríguez, técnica de programas de voluntariado da Fundación Paideia.

Resumo:

Mesa redonda para falar do voluntariado e das posibilidades que ofrece a
nivel persoal e profesional.

Presentación de Cristina Rodríguez: Servizo de Voluntariado Europeo

Bloque #4
Implícate no emprendemento e na innovación social

16:00h – 20:00h: CiberPlus, o ecosistema de innovación social
Obradoiro

Relator: Alejandra Betegón, Fundación Cibervoluntarios.

Arquivos descargables: Dípitico Ciberplus exteriorDíptico Ciperplus interiorPóster Ciberplus

Resumo:

Desde Fundación Cibervoluntarios, preséntannos “CiberPlus”, un ecosistema integral de innovación social europeo que facilita a creación e mobilización de iniciativas cidadáns orientadas á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) das Nacións Unidas. O obxectivo final é xerar impacto, cambio social. Isto é, potenciar e visibilizar as ideas que as persoas teñen para xerar cambio social e contribuír a o seu impacto real.

Nesta sesión realizarase un obradoiro de formación onde se presentará una plataforma de balde para que os/as cidadáns/as leven a cabo un ciclo completo de innovación social, usando a tecnoloxía para tirar o máximo partido á intelixencia colectiva e traballar de forma colaborativa.

Para poder facer a formación indicada será necesario traer un portátil.

Presentación de Alejandra Betegón: Ciberplus

Organiza:

College-Coruña

Colabora:

logo_xunta_eureslogo_eures  

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Xunta de Galicia)

 

 

Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)
 

Asociación ESN Coruña

 

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

 

Viajeros Low Cost

 

Fundación Paideia Galiza

 

Fundación Cibervoluntarios

Garrigues
 

Álamo Consulting

 

Iman

 

Galejobs

 

Ln Consultores

 

Adecco

Compartir

Comments are closed.