Información

A Universidade da Coruña e Europe Direct, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organizan o Foro “Xuventude en Movemento”.

O Foro Xuventude en Movemento susténtase sobre tres alicerces fundamentais para calquera estudante ou titulado/a: formación, emprego e emprendemento. Ademais, completarase con outras actividades lúdicas e formativas.

Este Foro celebrarase os días 9 e 10 de novembro na Facultade de Economía e Empresa, no Campus de Elviña da Coruña.

E poderá seguirse por videoconferencia na sala de videoconferencias do edificio de Apoio ao Estudo no campus de Esteiro en Ferrol

Compartir

Comments are closed.