FAQ

Que é o Foro Xuventude en Movemento?

O Foro Xuventude en Movemento ten por obxectivo achegar á mocidade as ferramentas básicas para se desenvolver cara á inserción laboral.

Para que serve o Foro Xuventude en Movemento?

Esta iniciativa da Comisión Europa centrase na formación, no emprego e no emprendemento e conta coa colaboración de entidades de recoñecido prestixio nestes eidos. Ao longo de dous días desenvolveranse sesións formativas, obradoiros e encontros impartidos por expertos que dinamizarán o diálogo cos participantes.

Quen pode participar?

Todos aqueles mozos e mozas que queran moverse na procura de emprego, no empredendemento, na procura de prácticas ou de voluntariado internacionais…

Como inscribirse?

A inscrición realizarase mediante o formulario disposto nesta web. A inscrición realizarase dende o martes 17 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 14.00h. Para calquera dúbida podes escribir ao email de contacto.

Entregarase un certificado de asistencia ou recoñecemento de créditos?

A asistencia e participación nas actividades do Foro Xuventude en Movemento enmarcarase no plano de formación do estudantado para a mellora da empregabilidade e darán lugar ao recoñecemento de 1 crédito para os Títulos de Grao, sempre que se cumplan as seguintes condicións:

  • estar debidamente inscrito/a nas actividades e,
  • asistir a un mínimo de 3 bloques completos do programa (para a solicitude non se pode empregar un bloque que se utilice para pedir créditos por outras actividades).

Os demáis participantes obterán un certificado de asistencia sempre que cumpran as mesmas condicións indicadas.

Cando e onde terá lugar o Foro?

Os días 7 e 8 de novembro de 2017 terán lugar as sesións directas na Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviña.

Tamén poderá seguirse por videoconferencia na sala de videoconferencias do edificio de Apoio ao Estudo no campus de Esteiro en Ferrol.

Quen organiza?

Organizan a Universidade da Coruña e Europe-Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertecente a Deputación da Coruña.

Quen colabora na organización?

logo_xunta_eureslogo_eures  

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Xunta de Galicia)

 

 

Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)
 

Asociación ESN Coruña

 

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

 

Viajeros Low Cost

 

Fundación Paideia Galiza

 

Fundación Cibervoluntarios

Compartir

Comments are closed.