A UDC inaugura exposición A Universidade coa Empresa na Fundación Barrié

O auditorio da Fundación Barrié acollerá mañá martes, 2 de outubro, ás 11:00 horas, a inauguración da exposición “A Universidade coa empresa”, organizada pola Universidade da Coruña, que desde hoxe luns pode contemplarse no Cantón Grande. A mostra permanecerá nas inmediacións do Obelisco ata o 21 de outubro, e nela ofrécese información sobre algúns dos grupos de investigación e a súa interacción coa empresa, a través da transferencia dos seus resultados e do coñecemento para favorecer o desenvolvemento do tecido produtivo galego. (Máis información)

Compartir

Comments are closed.