De Erasmus a Erasmus+
- By Foro
- 24 Outubro, 2017
- No Comments
En 2017 celebramos o 30º aniversario do programa Erasmus, un fito para Europa!
Por iso, no noso primeiro bloque (“Internacionalízate”) contaremos con Pablo Martín González, director do SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación), que nos falará da historia destes 30 anos de éxitos.
“O Programa orixinal comezou en 1987 como un programa de intercambio que ofertaba a estudantes universitarios a posibilidade de aprender e enriquecerse estudando no estranxeiro. Ao longo dos últimos 30 anos ampliou o seu alcance e envergadura. Hoxe Erasmus ofrece un maior número de oportunidades tanto a persoas como a organizacións, por exemplo ir de voluntario ou aprendiz a países estranxeiros e cooperar en proxectos conxuntos. O Deporte tamén se converteu nunha parte importante de Erasmus e, ademáis, actualmente o Programa esténdese a países de fóra de Europa.
Ademáis, sabías que 9 de cada 10 participantes en Erasmus din que a experiencia lles axudou a mellorar os seus coñecementos de idiomas? E que en 2016 houbo máis de 140 proxectos sobre deportes financiados por Erasmus? Dentro do programa Erasmus, a aprendizaxe de idiomas e as actividades deportivas son aspectos chave á hora de fomentar os intercambios interculturais. Ao aprender idiomas, as persoas aprecian os matices culturais, e para romper o xeo non hai nada como facer actividades físicas e traballar por obxectivos comúns.”
Ven ao #xenmovemento17 e comprobao por ti mesmo! Recorda #FaiFuturo!
Máis información: