Escola de Doutoramento & GRADschools. Boas prácticas

udc_logo_210Estás pensando en facer unha GRADschool? Non sabes que é? A UDC, en colaboración coas universidades galegas, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, organiza un programa de Formación en Competencias dirixido a investigadores novos que están a realizar o seu doutoramento nas universidades galegas. O formato do programa segue o modelo das GRADschools, creados no Reino Unido hai máis de 30 anos, e que constitúen unha referencia nos programas de desenvolvemento profesional para os estudantes de doutoramento das principais universidades británicas. Son cursos de catro días deseñados para desenvolver un contorno de formación inspirador e innovador, en que se potencia a adquisición de competencias, ferramentas e información esencial para completar o doutoramento, aproveitar o potencial persoal e a toma de decisións sobre o futuro profesional.

Neste obradoiro terás información sobre a Escola Internacional de Doutoramento e sobre por que facer unha gradschool. Contaremos con Ramón Doallo Biempica, director da Escola Internacional de Doutoramento (UDC), Antonio Varela Fariña, Director de Educación, Fundación Barrié de La Maza e Socorro Castro García, Titora do Programa GRADschools. No LERD o 28 de outubro de 13:00-13:45 hs. Precísase inscrición previa.

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC foi creada en xuño de 2013 e integra todos os programas de doutoramento da UDC verificados segundo o RD 99/2011 sobre os estudos de doutoramento. Se asistes á charla, coñecerás a normativa reguladora e, sobre todo, a oferta dos programas de doutoramento integrados nela.

Compartir

Comments are closed.