Grazas a todos!

Desde o equipo organizador do Foro Xuventude en Movemento, Europe DirectDeputación da Coruña e a Universidade da Coruña queremos agradecer a todas as persoas a súa participación no Foro.
Vaia o noso agradecemento para as entidades colaboradoras que apostaron por vós e colaboraron atendendo as vosas consultas e inquedanzas, así como para aos difusores do Foro: Algueirada (Tati e Alfredo), Universidade Senior (Anselmo, Eugenio e Agustín) e Aula de Danza da Universidade da Coruña (Rut).
E, especialmente, chegue a nosa gratitude a todas as persoas que visitastes o LERD e a Facultade de Economía e Empresa, que asististes aos obradoiros e colaborastes na campaña de comunicación do evento.
Seguiremos a contar convosco!

Compartir

Comments are closed.