Portal europeo da xuventude: información e oportunidades para os mozos e mozas en toda Europa

xuventude-movemento-3

Trátase dun portal web dispoñible en todos os idiomas oficiais da Unión Europea na dirección web europa.eu/youth

O portal está dividido en nove áreas a partir das cales se pode ir extraendo información. Entre as máis destacadas atópase voluntariado, que inclúe varios apartados nos que se poden consultar, por exemplo, oportunidades de voluntariado ou tamén experiencias contadas por mozas que realizaron un servizo de voluntariado europeo. Ou tamén a área de traballo, onde se pode atopar información sobre emprego, emprendemento, prácticas e traballo estacional para mozos; o contido é moi variado (como estudar e traballar á vez, como adaptar o currículo a outros países da Unión, etc.). Cabe apuntar tamén a área viaxar, que contén información práctica sobre viaxes en Europa, así como sobre as diferentes posibilidades de viaxar que existen para os mozos (desde o interrail ata o couchsurfing).

O portal conta, ademais, cun apartado de actualidade e eventos permanentemente actualizado.

Compartir

Comments are closed.