Sabes como afrontar unha entrevista de traballo?

INPREGA - Foro Xuventude en Movemento 2015

No Foro Xuventude en Movemento poderás mellorar as túas habilidades de comunicación grazas ao obradoiro organizado por INPREGA (Sociedade Cooperativa Galega). Nel coñecerás as técnicas de selección: entrevistas de selección, dinámicas grupais, probas psicotécnicas…

E ti, sabes facer unha boa entrevista? En qué se fixa o reclutador? Se queres ser o seleccionado, esperámoste o día 28 de outubro ás 17:30.

Cada participante será suxeito activo e participativo nas dinámicas dirixidas a coñecer e pór en práctica as técnicas de selección máis utilizadas. Atréveste?

Non o dubides, inscríbete xa no Foro #xenmovemento15!

Compartir

Comments are closed.