Salta as barreiras! Gaña a vida doutra maneira

galizaanocero_300Que é o emprendemento social ou cultural? Entender os fundamentos da empresa social pode supoñer unha vantaxe estratéxica única, non só porque ofrece unha crecente saída profesional, senón polo impacto e a influencia que o sector do emprendemento social está a adquirir.

Tes xa unha idea de proxecto e non sabes como desenvolvela? Este obradoiro está dirixido ao asesoramento de mozos e mozas que desexen identificar unha problemática social, económica, educativa ou cultural e teñan unha idea ou negocio en marcha ou queiran elaborar un modelo de negocio que responda aos obxectivos tanto sociais como económicos.

Este obradoiro de emprendemento social e cultural comeza o mércores 30. Entre as 10:00 e as 10:30 hs. contaremos coas boas prácticas de Enrique Gómez Fernández, do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Purificación Alonso, da Rede EUSUMO; entre as 10:30 e as 11:00 hs. comandarán o obradoiro Martín Castiñeira (“Emprender 2.0”) e Ignacio Escobar (“Fun for a better World”); entre as 11:15 e as 11:45 hs. Iago Martínez describirá as claves do proxecto “Galiza Ano Cero” e Natalia Balseiro as experiencias de “Entránsito”.

Será no LERD.

*Nota: precísase inscrición previa.

Compartir

Comments are closed.