Traballar na Unión Europea. Ti tamén podes!

Traballar na Unión Europea. Ti tamén podes!

Se estás interesado en realizar unhas prácticas e queres apostar polas institucións europeas ou queres dirixir a túa carreira profesional cara a Unión Europea, este obradoiro é para ti. O día 10 de novembro ás 12:00h terá lugar un taller dirixido a informar acerca destas cuestións.

Se queres ser funcionario europeo, non esquezas que a Administración Europea convoca procesos selectivos mediante oposicións xerais abertas a todos os Estados membros da Unión Europea nas que non hai cotas por nacionalidade nin por límite de idade para participar. Se buscas realizar un período de prácticas nunha institución ou nun organismo europeo lembra que, xeralmente, oscilan entre tres e seis meses e que, ademais, existen uns requisitos xerais.

Descobre as oportunidades que che ofrecen as institucións europeas.

Esperámoste o día 10 de novembro! “Dálle a volta” e infórmate sobre as posibilidades na Unión Europea!

Compartir

Comments are closed.